venres, 26 de abril de 2024

No Mes do Libro e a Lectura: Sabelotod@s

 

Premede na imaxe para velos todos

Grazas á xenerosidade da biblioteca do CIFP Ferrolterra dispoñemos de máis fondos biográficos de personaxes moi relevantes do mundo da cultura e a ciencia. Botádelle unha ollada e atoparedes moitas curiosidades nas súas vidas.

xoves, 25 de abril de 2024

No Mes do Libro e a Lectura: Exlibris


Hoxe en día non se empregan os Exlibris nos libros, se queredes ver algúns curiosos só tedes que ir a unh biblioteca histórica e velos nos fondos antigos

via GIPHY

mércores, 24 de abril de 2024

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: A mitoloxía en cómic

preme na imaxe para velo

Desde o nacemento do mundo ata a fundación de Roma, pasando polos mitos máis emblemáticos, como os Doce Traballos de Heracles, Jasón e o Vellocino de Ouro, a Guerra de Troia... e protagonizadas por deusas, deuses e os heroes máis fascinantes como Zeus, Atenea , Afrodita, Poseidón, Prometeo, Ulises, Pandora, Medea, Edipo... Todas as historias fundacionais están contadas de maneira accesible para un primeiro descubrimento da mitoloxía clásica. Cada un dos 25 episodios desenvólvese en páxinas dobres, dunha a tres, e, na parte inferior de cada unha aparece información sobre as artes, a civilización, o vocabulario, a astronomía, a xeografía... para completar os mitos. Con este libro, ser un apaixonado da mitoloxía é un xogo de nenos!

martes, 23 de abril de 2024

XIX Xornadas Literarias do Concello de Neda: Trazos de Xapón

 

Ademais fora da Xornadas teremos un 

Obradoiro Manga no centro!!!!


No Día do Libro...Miguel EN Cervantes: El retablo de las maravillas

O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor celébrase cada 23 de abril. A razón é que foi o 23 de abril de 1616 cando faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron –ou morreron– outros escritores eminentes como Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO, en 1995, como unha forma de fomentar a lectura, recoñecer a figura do autor e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país.

Miguel EN Cervantes: El retablo de las maravillas achega o personaxe de Miguel de Cervantes aos lectores. Nos queremos festexar a súa figura empregando a exposición levada a cabo no Instituto Cervantes cando se conmemoraron o IV centenario da publicación da segunda parte do Quixote, en 2015, e da morte do escritor, en 2016. E faio a través dunha linguaxe que atravesou todos os tempos: o da imaxe. Dous dos máis destacados debuxantes e historietistas españois, David Rubín e Miguelanxo Prado, son os encargados de xerar, a través de dúas linguaxes gráficas e narrativos diferentes, un potente diálogo entre o cómic e a ilustración, entre El retablo de las maravillas e as escenas máis apaixonantes da vida de Cervantes.


luns, 22 de abril de 2024

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura no Día da Terra: Historias fascinantes da ciencia en Galicia


 Sabías que un galego inventou a máquina multiplicadora? 
E que nos montes de Lugo habitaron mamuts? 
E que outro galego, de Cotobade, deseñou en 1865 un trebello que adiantaba o fenómeno da voz sintética e as "máquinas que falan"? 

A historia da ciencia, dos inventos, do estudo da natureza e da realidade está chea de pequenos fitos - curiosos uns, abraianates outros, fantásticos (ou sexa magníficos) sempre - que alumean o camiño cara ao descoñecido. Neste libro atoparás 40 historias galegas sobre o que Aristóteles chamaba "o desexo humano de saber".

Ademáis hoxe é o Día da Terra polo que vos invitamos a visitar a nosa selección de Biblioteca Verde:


Ata google achega o Día da Terra

venres, 19 de abril de 2024

Día do Libro 2024: Miguel de Cervantes


Hoxe é un día especial polo que vos achegamos a figura do autor máis relevante tanto da nosa literatura como da universal.
Vos propoñemos unha viaxe apaixoante sobre a figura de Miguel de Cervantes na presentación e probedes canto sabedes da súa vida e obra:

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: Atrévete a preguntar

preme na imaxe para velo

Inspirar ás persoas máis novas a pensar de forma máis crítica, a ser máis curiosas. Os pensadores críticos xogaron un papel moi importante na humanidade, combatendo a ignorancia, a superstición, os prexuízos, os mitos, os dogmas e a inxustiza. 

A manipulación, a desinformación e a vixilancia son máis comúns e estendidas hoxe en día grazas a internet, as redes sociais e a intelixencia artificial. Afortunadamente, hai motivos para o optimismo, porque o pensamento crítico é unha habilidade que se pode ensinar e adestrar.

Non te deixes influir, a liberdade depende de tí!