luns, 8 de xaneiro de 2018

El templo de las mil puertas cumple 10 años




No Nadal como manda a tradición, hai un novo número do Templo baixo a túa árbore!
Pero non creas que esa é a única celebración que vas ter. No Templo estan de festa dobre, porque cumpren dez anos! E durante todo ese tempo leron moito (e moi bo!), así que para celebrar a primeira década, no # ElTemplo61 prepararon unha lista dos cen mellores libros da literatura xuvenil... polo menos, os mellores para nós. Se o que che interesa é coñecer un pouco máis do mundo que se coce fóra das páxinas, encantarache a reportaxe de Natalia Aróstegui sobre eventos literarios. E agárrache forte, porque neste número vas moverche bastante. Grazas ao espertar da maxia, viaxamos entre dimensións en «Non só para nenos», e en «Recensións polo mundo» levámosche ata Ecuador. E se o que queres é saber o que se publica fóra de España, non te perdas o «Libros que non lerás en español» de Estefanía Moreno: recoméndanos Renegades, de Marissa Meyer, autora das Crónicas lunares. Para descansar un pouco de tanto trafego, lanzámosche unha adiviña: Que teñen en común Palabras envelenadas e Un monstro vén verme? Que os seus autores foron entrevistados neste número! E non creas que Maite Carranza e Patrick Ness son os únicos protagonistas destas páxinas. Víctor Heranz investigou para o «Autores de onte» sobre Mary Norton, a escritora detrás da bruxa novata ou Arrietty e o mundo dos diminutos.

Ningún comentario :