xoves, 14 de setembro de 2017

Novidade: A teoría do tempo imaxinario

Como sabedes en maio asistimos á Feira do Libro en Santiago de Compostela e nos achegamos ao stand da editorial Urco, un selo que nos gusta moito polos títulos de terror, misterio e ciencia ficción que presenta, e claro nunha feira do libro que imos mercar?, pois neste caso este título tan suxerente de Eduardo Santiago.
Ano 2050. Mara vive nunha cidade universitaria pechada e autosuficiente, o ECAS. Hai unha rede mundial de realidade virtual que permite viaxar ás persoas a calquera parte do mundo en tempo real. Susana convida a Mara para probar un novo sistema de seguridade virtual no Smithsoniam. Alí Mara coñece dous mozos que farán cambalear a súa apracíbel vida dun xeito até entón insospeitado. Amor e desamor, desexo e paixón, ciencia e tecnoloxía… descubre até que punto as protagonistas poden saír da ficción e achegarse á realidade, á túa realidade.

Ningún comentario :