domingo, 19 de febreiro de 2017

Ferrol acollerá un máster de videoxogos no curso 2018/2019

O equipo directivo da UDC presentou onte as novas titulacións.

A Universidade da Coruña presentou a proposta de novas titulacións para os vindeiros anos, entre as que tamén destaca un grao e un mestrado de Moda.

Universidade da Coruña deu onte un novo paso nas liñas estratéxicas que pretenden convertir ao Campus de Ferrol nun polo de titulacións industriais. O reitor, Julio Abalde, presentou a proposta dos novos graos e mestrados que se poñerán en marcha nos vindeiros cursos. Entre eles, destaca o Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, que se poñerá en marcha con 20 prazas no curso 2018/2019.

Abalde subliñou que “o campo dos videoxogos é un sector emerxente no que Galicia xoga un papel importante”. Os perfís de ingreso no máster, que terá 120 créditos, serán, sobre todo, titulados de Deseño, Comunicación Audiovisual, Informática, Enxeñaría Electrónica e Industrial, aínda que tamén está aberta a porta a outros estudantes.

Haberá tamén un Mestrado de Deseño Industrial e outro de Informática e RobóticaTamén no curso 2018/2019 agárdase que boten a andar o Grao en Xestión Industrial da Moda, con 45 prazas, e o Mestrado Universitario en Deseño Industrial coas especialidades de Xoias, Mobles e Automoción (20 prazas). O primeiro deles terá dúas modalidades de impartición, unha totalmente en inglés e outra bilingüe, e os contidos irán enfocados a formar profesionais de toda a cadea da moda e parte da súa formación será en empresas deste sector. Pola súa parte, o mestrado de Deseño Industrial ofrecerá tres especialidades e pretende completar a formación especializada dos titulados na escola ferrolá.

Seguir lendo en GCiencia

Ningún comentario :