domingo, 11 de xaneiro de 2015

Mellora da convivencia e a seguridade escolar


Ao longo deste curso en sesións dunha hora na tarde dos martes imos ter unhas charlas cos alumnos organizadas pola Garda Civil e a Xunta de Galicia dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos parainformar sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. 
Entre estas actuacións podemos destacar:
  • Acoso escolar
  • Consumo e tráfico de estupefacientes
  • Actividade de grupos ou bandas violentas de carácter xuvenil
  • Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía)
  • Violencia de xénero
Esperamos que sexan do voso interese.

Ningún comentario :