martes, 19 de novembro de 2013

Día Mundial dos Dereitos d@s Nen@s

Día Universal de la InfanciaXa transcorreron máis de vinte anos dende que se aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno e todos os países do mundo (salvo Estados Unidos e Somalia) ratificárona, converténdose así no instrumento de Dereitos Humanos máis amplamente refrendado na historia da humanidade.
A pesar disto, cada día vulnéranse os dereitos de millóns de nenos e nenas en todos os países do mundo e, polo tanto, tanto as institucións como a sociedade civil deben responder a este reto e seguir loitando para que a Convención se converta nunha realidade en beneficio dos nenos e nenas do mundo.

Os dereitos da infancia baséanse en catro principios fundamentais:
  • A non discriminación: todos os nenos teñen os mesmos dereitos. Isto significa: todos os nenos e nenas, en todo caso, en todo momento e sen excepcións. Non importa a súa raza, relixión ou procedencia ou as ideas de seus pais. Ningún neno debe recibir un trato inxusto baixo ningún concepto.
  • O interese superior do neno: calquera decisión, lei ou política que poida afectar á infancia ten que ter en conta que é o mellor para os nenos e nenas. Cando os adultos tomen decisión teñen que pensar en cómo poden afectar aos nenos.

  • O dereito á vida, á supervivencia e ó desenvolvemento: todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir, a desenvolverse e a acadar o seu máximo potencial na vida. Isto inclúe ter dereito a cousas como unha alimentación e aloxamento adecuado, á auga potable, á educación, á atención sanitaria, ao xogo e o descanso, a actividades culturais e a información sobre os seus dereitos.

  • A participación: os menores de idade teñen dereito a ser consultados sobre as situacións que os afecten e a que as súas opinións sexan tomadas en conta. Isto non significa que os nenos podan mandar sobre os seus pais nin dicirlles que teñen que facer. A participación debe ir aumentando conforme á idade e é importante para que os nenos e rapaces acaden a madurez.
Vía enrédate.org

Ningún comentario :