martes, 10 de abril de 2012

No Titanic tamén había unha sala de lectura...


... e propoñémosvos unha actividade hoxe que se conmemora a súa botadura.

Como todos saberedes o RMS Titanic era o segundo dun trío de transatlánticos coñecidos como clase Olympic. O Titanic foi, no seu tempo, o barco de pasaxeiros máis grande e luxoso do mundo, seguido polo RMS Olympic.



O 10 de abril de 1912, o Titanic iniciou a súa viaxe inaugural partindo dende Southampton (Inglaterra) con destino a Cherburgo, Queenstown e finalmente a Nova York. Catro días máis tarde, ás 23:40 do 14 de abril, o buque chocou cun iceberg ao sur das costas de Terra Nova, e afundiuse ás 2:20 da mañá do 15 de abril. O sinistro saldouse coa morte de 1.517 persoas, e nesa época converteuse no peor desastre marítimo en tempo de paz.

Imaxinarémonos que estamos na súa sala de lectura e debemos poñer a salvo os nosos libros favoritos. Para eles utilizaremos a tan socorrida mensaxe na botella, pero nesta ocasión tratarase do "libro na botella".

Propoñémosvos que participedes no concurso-exposición que inauguraremos o 23 de abril, Día Internacional do libro, para iso:


  • Escollede un título que queirades salvar.
  • Nunha tira de papel de aprox. 8 x 15 cms.(dependendo do tamaño da botella) escribiredes o título xunto a un logo ou debuxo alusivo a este.
  • Introducirédelo enrolado nunha botella transparente.
  • Entregarédelo ás profesoras bibliotecarias xunto a un sobre pechado co voso título e nome do participante nunha tarxeta.
  • O último día para entregar a botella co sobre será o venres 20 de abril.
  • Realizarase unha votación para elixir a botella máis orixinal e os resultados faranse públicos o venres 4 de maio.

    Ningún comentario :