mércores, 8 de febreiro de 2012

Mais manga: Gunnm


Try our slideshow maker at Animoto.

Seguindo as vosas petición, achegámosvos esta nova colección de Yukito Kishiro: Gunnm, Alita, ángel de combate.

Nun futuro indeterminado lonxano Tiphares é unha xigantesca cidade flotante suspendida no aire, ao nivel das nubes. Xusto baixo ela esténdese El Patio de los Desperdicios, fogar dos parias e vagabundos, drogadictos e cybogs, que se construíu arredor da zona onde Tiphares expulsa o seu lixo, que usa a terra como un xigantesco vertedoiro para os seus refugallos e residuos. Ido é un doutor e mecánico de cyborgs que un día, paseando polo vertedoiro rebuscando pezas aínda aproveitables, se encontra a cabeza dunha cyborg intacta. A cabeza pertence ao corpo dun cyborg moi antigo, de fai 200 ou 300 anos, pero o cerebro aínda está intacto, coma se tivese estado en hibernación, así que Ido a repara, descubrindo que está amnésica, así que decide darlle o nome de Gally.

Ningún comentario :