luns, 24 de outubro de 2011

Día das Bibliotecas Escolares


Neste día queremos achegarvos ao autor de “Alicia no país das marabillas”, ou do subsolo, como se chamou nun principio, Lewis Carroll e a súa obra.
Non só escribiu esta obra senón que tamén adicouse á fotografía e ás matemáticas, de feito se lemos esta obra polo miúdo non só atopamos as peripecias dun coello con moita présa e un gato que se fai invisible, senón que tamén asistimos a unha exposición crítica da sociedade e as súas tradicións ademais da presentación de teorías matemáticas e xogos de lóxica.

Para reler "Alicia" atoparedes na biblioteca unha mostra das distintas edicións publicadas así como unha exposición dos distintos ilustradores ao longo do tempo grazas á xenerosidade da responsable da biblioteca do CEIP de Esteiro.
Como ambientación da obra fixádevos nos obxectos que acompañan a exposición: creamos un ambente propicio para súa lectura sosegada... e non vos esquezades de participar nos concursos que convocamos, un de debuxo e outro sobre a obra de "Alicia no pais das marabillas"!

Podedes descargar o boletín de participación ou ben cubrilo na biblioteca.

Bases dos concursos.

Ningún comentario :