sábado, 2 de abril de 2011

2 de Abril con Xoán Farias


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


As BIBLIOTECAS dos colexios e institutos públicos de FERROLTERRA adicámoscho


"Carga coas túas dúbidas e entra na biblioteca. Aí están todas as respostas das que dispón o home.Non son todas as que o home quixese, pero de momento é o que hai. Le, neno, enche as maletas, pero non por iso deixes de correr e rir, cantar e namorarte. A vida tamén é un bo libro e merece a pena lelo con ledicia."


Xoán Farias


Entra no sites conmemorativo e disfruta do traballo colaborativo das BEs da comarca, entre eles atoparedes o noso.

Ningún comentario :