venres, 12 de xuño de 2009

O libro das viaxes imaxinarias


"Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retorna á casa desde o memento mesmo en que puxo un pé dora dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato."

Así empeza esta viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e ríos, comecendo as súas xentes...

Cadernos de viaxe -unha viaxe tamén ao interior de nós mesmos-, evocadores e poéticos que nos trasladan a mundos imaxinados, reais e fantasiosos: uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.

O libro das viaxes imaxinarias, froito da coedición de Anaya Infantil y Juvenil e Xerais, preséntase nun formato inusualmente esvelto (19,5 x 29), con encadernación acartonada e sobrecuberta, ademais de incluír un despregabre de oito páxinas.

"O libro das viaxes imaxinarias" from Martin Pawley on Vimeo.

Ningún comentario :