martes, 5 de maio de 2009

A túa voz importa

Cada vez son máis os organismos, sociedades e distintos foros involucrados no fomento da lectura que piden a opinión dos lectores de todas as idades sobre os seus gustos.
Un exemplo é o "El Premio Mandarache": un premio internacional de literatura en español outorgado por mozos de Cartaxena de entre 15 e 30 anos organizados en comités de lectura, na súa última edición foron case 2.000 mozos os que decidiron outorgarlle a Luís Leante por "Mira si yo te querré" o premio Madarache, e a Andréu Martín por "Chats" o premio Hache.
O Premio Mandarache, ademais é un proxecto de fomento da lectura entre mozos sen literatura "xuvenil", senón con literatura en español de recente publicación, e é un programa de actos públicos relacionados cos libros (encontros con autor...); unha delicia a imitar en todas as comunidades.


Ningún comentario :