mércores, 14 de maio de 2008

52 anos tronando

Tal día coma hoxe viu a luz un dos personaxes de cómic máis importantes da segunda metade do século XX, O Capitán Trueno. Victor Mora e Ambrós crearon unha tropa formada polo propio Capitán, Goliath e Crispín, e sen esquecerse da noiva, Sigrid, unha dama virtuosa e paciente, o que lle é moi necesario, xa que en moitos capítulos non ve ó seu amado e leva 52 anos de noiva, parella de feito?. Ademais aparecen outros personaxes como o Mago Morgano, diferentes cabaleiros e moitos amigos e inimigos.

As aventuras estaban repartidas en dúas ou tres revistas, transcorrían por todo o mundo e sempre remataban ben. Outra particularidade era que por onde ían pasando atopaban xente boa e mala, pero os autores coidábanse de asociar un defecto a un pobo. Doutra banda, Sigrid, non é unha dama pasiva senón que é raiña do seu pobo e en moitos capítulos ten un papel activo, chegando a salvar a vida dos héroes e formando parte do grupo. Vamos, que xa eran politicamente correctos.

Este personaxe tivo moito éxito pero custoulle adaptarse ós novos tempos. Non obstante, e da man de seguidores fieis, recuperouse e séguense a editar libros, dedícanselle páxinas web e incluso vaise facer unha película, da que curiosamente o personaxe de Sigrid é o primeiro que ten actriz, Elsa Pataki.

Capitán Trueno na Wikipedia.

Páxina oficial do Capitán Trueno.

Outra páxina, e outra, e outra máis.

Ningún comentario :