venres, 22 de febreiro de 2008

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena...)



Queridos e queridas, a miña recomendación de hoxe é de película: leva un montón de anos emitíndose, é ameno, moi variado e vai de Cine... Cartelera está en La 2 de TVE os sábados ás 14:45 horas. É un xeito moi cómodo e entretido de achegarvos ás novidades cinematográficas e ás anécdotas, historias e cotilleos do mundo do celuloide...; e podedes aproveitalo como unha guía para escoller que ver no cine a fin de semana.

Mañá sábado en concreto adican unha boa parte do programa á cerimonia de entrega dos Oscars, que terá lugar a noite do domingo 24. E xa sabedes que este ano temos posibilidades de estatuiña polo traballo do estupendo actor Javier Bardem...


Ningún comentario :