mércores, 31 de outubro de 2007

Frankfurt connection

Estes días o instituto e a biblioteca do Esquío teñen embaixada en Frankfurt. Un grupo de alumnos acompañados por dúas profesoras do instituto, Concha e Begoña, están alá para visitar a sede do Banco Central Europeo no marco do proxecto denominado “Da Casa da Moeda de Xuvia ó Banco Central Europeo”. Ben, van estar alá unha semana, así que dixeron que ademais ían visitar o mercado Kleinmarkthalle, a Bolsa, os monumentos locais e non sei cantas cousas máis. Xa vos mostrarei as probas do que fixeron.

A poucos metros do instituto está a Casa da Moeda de Xuvia onde se acuñou moeda no século XIX. Agora en Xuvia, acúñanse alumnos de secundaria. As moedas devalúanse, pero a formación sempre ten valor. Así que Xuvia saíu gañando.

Polo de pronto déixovos unha foto dos emisarios. O que está ó fondo con xersei malva é o noso dire, el non foi. Obrigas do cargo.

Ningún comentario :