luns, 3 de setembro de 2007

A televisión e os libros


Co propósito de achegar a actividade literaria ó público e fomentar o interese pola lectura,a 2 de TVE estreará no outono os espazos 'Marcapáginas' e 'Páxina 2', que dobrarán o tempo dedicado os libros. Ambos espazos emitiranse en horario estelar.
'Marcapáginas', un espazo de ficción protagonizado por actores, emitirase diariamente no 'prime time' da 2 e terá unha duración de 7 minutos. Tamén haberá unha edición especial semanal do mesmo programa, de media hora, que se ofrecerá en TVE-1.
A outra novidade será 'Páxina 2', un magazín literario de trinta minutos que se emitirá na 2 os domingos, a media tarde, e pretende abordar a actualidade literaria en toda a súa extensión, a través de entrevistas e reportaxes que nos acheguen ós autores e ás súas obras. O novo espazo nace co propósito de ser un programa ameno e divertido.
(Vía El pais literario)

Ningún comentario :